RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 5 e 6 novembro
Os equipos femininos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. salvaron a fin de semana que tivo un balance de dúas victorias e tres derrotas.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu o primeiro partido como visitante ante o Ganomagoga IES Coruxo F.S por 4-0. O resultado final é moi abultado e non indica o sucedido no encontro xa que o equipo vilalbés a pesar das numerosas baixas competiu ben e tivo as súas opcións pero un par de erros defensivos no primeiro tempo, a falta de acerto de cara a portería e decisións arbitrais pouco acertadas decantaron o partido para o equipo olívico. Con este resultado o equipo de Quini baixa á terceira posición na táboa clasificatoria. O próximo partido será o vindeiro sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba ante A Estrada Futsal.
O equipo feminino de Preferente Galicia venceu a domicilio ao filial do Poio Pescamar 2-3 e continúa na terceira posición. Marcaron Aroa (2) e Pasto. Para a vindeira semana terán outra saída complicada ante a S.D. Gaiola.
O equipo masculino de Preferente Galicia sufriu unha dolorosa derrota nos segundos finais 2-1 na pista do Jogafán Ordes F.S. O gol do equipo vilalbés marcouno Pelouro.
O filial feminino volveu á competición cunha victoria a domicilio 0-2 ante a U.D. Pastoricense e continúa colíder. As goleadoras foron Marta e María.
Por último o xuvenil masculino perdeu na tarde do domingo na pista do 5 Coruña F.S. B Mera F.S. por 6-3. Os goleadores foron Lozano (2) e Amado.