RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. nesta fin de semana.
O equipo masculino de 2ª División B venceu nun emocionante partido ao C.D. Segosala por 6-2. A victoria non foi doada e o equipo vilalbés tivo que remontar un resultado de 1-2 co que se chegou ao descanso despois dunha primeira metade na que o equipo segoviano defendeu ben e aproveitou dous contraataques. Na segunda metade os vilalbeses desarbolaron ao rival cun gran xogo e fixeron disfrutar a os máis de catrocentos siareiros que se deron cita no Pavillón Municipal de Vilalba. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Ismael por partida dobre, Simón, Antón, Fede e Quintela. Gran arranque do equipo de Quini que se sitúa segundo clasificado despois das cinco primeiras xornadas de Liga. O vindeiro domingo ás 12:00 xogarase o derbi de proximidade ante O Esteo no Pavillón Municipal do “Monte Caxado” de As Pontes.
O equipo feminino de Preferente Autonómica venceu ao Atlético Arnoia por 4-1. Marcaron Akira e Antía en tres ocasións. As xogadoras adestradas por Quini ao igual que o equipo masculino están tamén na segunda posición a tres puntos do primeiro clasificado e para a vindeira semana terán un derbi na pista do ADC Lugo Sala.
O equipo masculino de Preferente Galicia colleitou a primeira victoria da tempada dándose un festín de goles (10-1) ante o 5 Coruña “B”. O equipo adestrado por Ismael venceu con autoridade a un rival que acusou as numerosas baixas. Ledo en catro ocasións, Tito por partida dobre, Nuno, Rus, Johan e Christian foron os autores dos goles.
O filial feminino venceu a domicilio 1-4 ao Ribeira Lieders F.S.“B” Marcaron María en tres ocasións e Jenni. Dúas victorias e un empate nas tres primeiras xornadas é o balance positivo do equipo adestrado por Ledín.
O equipo xuvenil masculino caeu derrotado na pista de Os Meigallos F.S. por 5-2. Os autores dos goles foron Lozano e David Rey.