RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S

Tres victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino venceu 5-1 na matinal do sábado ao F.S. Atlético Mercadal. O equipo de Kini tardou en entrar no partido e tivo que remontar o gol inicial das menorquinas. Mención especial para Paulita que regresaba despois da lesión da pasada tempada e, na segunda parte, aos poucos segundos de entrar na pista facía o terceiro gol que daba tranquilidade ás vilalbesas Marcaron Lara, Pasto, Paulita, Paula Rodríguez e Alvite. O vindeiro sábado ás 18:30 horas visitarán terras zamoranas para enfrontarse por primeira vez ao Caja Rural River Zamora no Pavillón Municipal “Manuel Camba”.

O equipo masculino de 2ª División B caeu goleado 9-2 no derbi de proximidade ante O Esteo F.S. Os de Muri, que seguen con moitas baixas no plantel, non estiveron á altura e encaixaron unha dura derrota. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Kevin e Hugo. O vindeiro sábado ás 19:00 horas terán a oportunidade de resarcirse ante a S.D. Xove F.S.

Na Preferente Futgal o filial masculino caeu goleado 11-2 na visita ao Troula Betanzos F.S. Os de Miloso non pudieron sacar os tres puntos e quedan cerca da parte baixa da clasificación. Marcaron para os vilalbeses Miguelito e Martín.

O equipo xuvenil masculino goleou a domicilio ao Concello de Begonte F.S. “B” por 0-11. Marcaron para os vilalbeses Martín (4), Ismael (2), Pablo, Miguel, Míkel, Rego e Corzo. Os de Ledín continúan no alto da clasificación.

O equipo cadete feminino logrou a primeira victoria da tempada despois de vencer ao Monterroso S.D. Alibós por 0-5. Marcaron Laura Varela (2), Lucía Vilasuso, Malak e outro en propia porta.

Os equipos infantís masculinos perderon os seus partidos. O equipo “A” perdeu na pista do Burela F.S. por 11-0 e o equipo “B” perdeu na casa por 0-1 ante o ADC Lugo Sala Candelas “B”.