RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S

Tres victorias, un empate e cinco derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino venceu 3-6 ao Caja Rural River Zamora. O equipo de Kini tardou en entrar no partido e tivo que remontar nunha boa segunda parte a desvantaxe de 2-0 noutra mala saída ao partido. Marcaron Elvi (2), Alvite, Fanny, Saínza e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 12:00 horas recibirán no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ao C.F.S. Gran Canaria Teldeportivo, equipo recén descendido de Primeira División.

O equipo masculino de 2ª División B perdeu 1-4 ante a S.D. Xove F.S. Os de Muri suman unha nova derrota nunha mala primeira metade con moitos erros e na que se marcaron todos os goles. O gol do Grupo Forma-t Vilalba F.S. marcouno Kevin. O vindeiro sábado ás 18:00 horas visitarán en terras asturianas ao Deportivo Laviana F.S. recén ascendido.

Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 2-4 ao Club Lemos F.S. Os de Miloso voltaron á senda da victoria despois da derrota da pasada semana. Marcaron para os vilalbeses Diego Pellón (3) e Martín.

Na Primeira Futgal Feminina o equipo “B” descansou e o equipo “C” perdeu na casa 0-1 diante da S.D. San Lázaro.

O equipo cadete feminino perdeu por 0-3 ante o Castro F.S.F. Clínica García Rielo. As de Aitor non mereceron unha derrota tan abultada nun partido igualado.

Os equipos cadetes masculinos perderon os seus partidos. O equipo “A” perdeu na pista do Burela F.S. por 4-3. Marcaron Míkel (2) e Anxo. O equipo “B” perdeu na casa por 0-14 ante Os Meigallos F.S.

O equipo infantil masculino “A” empatou 1-1 co ADC Piringalla “B”. Marcou Mario o gol dos vilalbeses. O equipo “B” venceu 0-8 a Os Meigallos “C”. Marcaron Mateo (3), Dani (2), Joel, Lois e Ismael.