RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias, tres empates e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino empatou 3-3 ante o C.F.S. Gran Canaria Teldeportivo. O equipo de Kini que comezou ben o partido relaxouse na segunda metade e desperdiciou unha renta de tres goles para acabar cedendo un empate que soubo a derrota. Marcaron Laura, Paula Rodríguez e Antía. O vindeiro sábado ás 17:00 horas visitarán a difícil pista do Valdetires Ferrol F.S.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 3-5 na pista da Deportiva Laviana F.S. Os de Muri voltan á senda da victoria ante un rival directo despois dunha boa segunda metade. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón (2), Héctor (2) e Dieguito. O vindeiro sábado ás 19:00 horas recibirán ao Caja Rural Atlético Benavente.

Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 2-3 co I.M. Galical Rábade. Os de Miloso realizaron un gran partido pero non pudieron puntuar. Marcaron para os vilalbeses Amado e Tito.

Na Primeira Futgal Feminina o equipo “B” empatou 1-1 contra o Praias de Barreiros C.D. cun gol de Cospe e o equipo “C” goleou 1-13 ao A Lenda Castroverde F.S. Marcaron para as vilalbesas Sofía (5), Laura Varela (4), Sara (2), Lucía Cendán e Sandra.

O equipo xuvenil masculino empatou 4-4 co Abella F.C. Marcaron Ruíz (2), Pablo e Ismael. Os de Ledín ceden os primeiros puntos da tempada.

O equipo cadete feminino gañou a domicilio por 1-2 a A Fervenza Narón O Freixo. As de Aitor realizaron un bo partido e volveron á senda da victoria. Marcaron para as vilalbesas Mª José e Laura Varela.

Os equipos cadetes masculinos tiveron unha de cal e outra de area. O equipo “A” venceu ao ADC Fonte do Rei Aceites Abril por 8-1. Marcaron Ruíz (2), Míkel (2), Samuel, Miguel, Souto e Fran. O equipo “B” perdeu na pista do Ribeira F.S. ”B” por 11-0.