RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dous empates e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino perdeu 3-2 ante o C.D. Segosala. O equipo de Kini malia ter vantaxe de 1-2 a falta de dous minutos para a finalización do partido realizou un mal partido e foi xustamente superado por un equipo moi forte físicamente. Marcaron Alvite e Paulita. O vindeiro sábado ás 17:00 horas visitarán a outro rival directo, o Marín Futsal, recén descendido de Primeira División no Pavillón Municipal “A Raña” partido que será retransmitido polas cámaras da RFEF.

O equipo masculino de 2ª División B empatou 5-5 na difícil pista do F.S. Salamanca. Os de Muri seguen puntuando aínda que pudieron traer os tres puntos xa que tiveron un marcador favorable de 1-4 na primeira parte e 3-5 no derradeiro minuto de partido. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Hugo (2), Longo e os xuvenís Javi Regueiro e Martín, este último, que se estreou como goleador co primeiro equipo. O vindeiro sábado ás 19:00 horas rematarán o ano como locais ante o 5 Coruña F.S.

Na Preferente xuvenil feminina en formato concentración as rapazas do Grupo Forma-t Vilalba F.S. perderon 2-1 ante o Ribeira F.S. e 0-1 ante o F.S.F. Castro. Tamén ante o Ribeira F.S. pero como locais colleitaron un empate a cero goles e o partido contra o Lugo Sala non se puido celebrar pola condensación que había no Pavillón Municipal de Castro Riberas de Lea.