RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias e sete derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino perdeu 5-2 ante o Marín Futsal. O equipo de Kini malia ter vantaxe de 1-2 viu como lle remontaban na segunda metade con algunha decisión arbitral que marcou o resultado final. Marcaron Marta Hermo e Elvi. O vindeiro sábado ás 18:00 horas pecharán o ano recibindo ao A.D. Mioño F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu 1-3 ante o 5 Coruña F.S. Os de Muri truncan unha serie de resultados positivos nun partido que puido ser para calquera equipo. O gol do Grupo Forma-t Vilalba F.S. marcouno Hugo Beceiro. O vindeiro sábado ás 20:00 horas rematarán o ano visitando ao Deporcyl Guardo F.S. en terras palentinas.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 2-0 ante o Pasarela Ribeira F.S. Os de Miloso non foron quen de acadar un resultado positivo.
Na Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” venceu 8-1 ao equipo filial “C”. Marcaron Cospe (2), Andrea (2), Laura (2), Sandra Lejo e Marta para o equipo “B” e Sandra Bañobre para o equipo “C”.
O equipo xuvenil masculino venceu 0-11 ao Casás “B”. Marcaron Pablo (3), Souto (2), Miragaya (2), Martín, Corzo, Míkel e Trastoy. Os de Ledín sitúanse primeiros na clasificación.
O equipo cadete feminino perdeu por 6-3 ante o Ribeira F.S. De nada serviron os tres goles de Laura Varela para as vilalbesas.
Os equipos cadetes masculinos tiveron distintos resultados. O equipo “A” venceu ao Casás “B” por 9-4. Marcaron Míkel (3), Fran (2), Miragaya, Souto, Trastoy e Ruíz para os vilalbeses. O equipo “B” perdeu 11-0 ante o Concello de Begonte F.S.
Tamén os equipos infantís masculinos tiveron distintos resultados. O equipo “A” venceu ao Concello de Begonte por 2-6. Marcaron Manu (3), Mauro (2) e Martín. O equipo “B” perdeu 1-7 ante o Ribeira F.S. “B”. O gol da honra foi en propia porta.


























