RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino venceu 3-4 ao C.D. San Pablo Eivissa. O equipo de Kini acadou unha traballada victoria nun partido igualado no primeiro acto e no que as vilalbesas foron mellor na segunda parte dándolle a volta ao marcador. Marcaron Pasto (2), Saínza e María. O seguinte partido, primeiro da segunda volta, será o sábado ás 18:30 horas ante o Bembrive F.S. no Pavillón Polideportivo de Candeán.

O equipo masculino de 2ª División B empatou 3-3 na pista do ADC Lugo Sala. Os de Muri fixeron un partido serio e sumaron un punto moi importante nos derradeiros segundos do partido. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Hugo Beceiro (2) e Álex Durán. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba recibirán ao líder o Exlabesa Leis Pontevedra F.S.

Na Preferente Futgal o filial masculino gañou 5-6 ante o Hércules F.S. Os de Miloso venceron a un rival directo por eludir o descenso. Marcaron Martín (3), Pellón (2) e Javi Regueiro para os vilalbeses.

O equipo xuvenil masculino goleou ao Outeiro de Rei S.D. por 12-3. Marcaron Míkel (3), Samuel (3), Miragaya (2), Alain, Ismael, Rego e Martín. Os de Ledín continúan nos postos altos da clasificación.

O equipo cadete masculino “A” venceu 13-0 ante o Superotero 21 Castroverde F.S. Marcaron Míkel (4), Brais (3), David (3), Miragaya (2) e Anxo. O equipo cadete masculino “B” perdeu 10-0 ante o ADC Piringalla “B”.