RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 6-9 e 010 DECEMBRO

Unha derrota e un partido adiado foi o balance dos dous únicos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que xogaron na pasada fin de semana.

O partido do equipo de 2ª División B tivo que ser adiado pola condensación a falta de 2 minutos e dezanove segundos para o descanso cando o resultado era de empate a dous goles ante o Stellae F.S.-Valga. Marcaron para os vilalbeses Fari e Keita. Haberá que esperar a que se reúna o Xuíz de competición para saber cando se disputa o resto do encontro. O vindeiro domingo ás 12:30 horas no Pavillón Monte Carrasco Marcón visitarán ao Leis Pontevedra un histórico do fútbol sala galego.

O equipo de Terceira División perdeu por 2-3 ante o Ribeira F.S. Os de Ismael realizaron un bo partido e logo de acadar o empate despois de ir perdendo por dous goles recibiron o terceiro no derradeiro minuto. Marcaron Pelouro e Javi Regueiro. O partido tivo que xogarse no Pavillón Municipal de Outeiro de Rei por mor da condensación existente na instalación vilalbesa. O Grupo Forma-t Vilalba F.S. quere agradecer á S.D. Outeiro de Rei e ao Concello de Outeiro de Rei as facilidades para que o partido se puidera celebrar na súa instalación.