RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu 5-7 ante o River Zamora F.S. Os de Muri que tiveron que xogar no Pavillón Municipal de “A Fraga” (As Pontes), cometeron moitos erros nas dúas áreas que os penalizaron en exceso para acabar perdendo ante un rival directo. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Fari (3), Kevin Chis e Isma. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Baamonde visitarán ao Concello de Begonte F.S. no derbi comarcal.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 7-0 ante A Baña Futsal. Os de Miloso caeron na visita ao líder.
Na Primeira Futgal o filial feminino “B” gañou 5-0 á U.D. Pastoricense. Marcaron Laura Pérez (2), Jenni, Cospe e Noelia para as vilalbesas.
O equipo xuvenil masculino venceu 0-5 ao Ribeira F.S. Mazzamurelli “C”. Marcaron Samuel (2), Alain, Diego e Míkel. Os de Ledín seguen no primeiro posto.
O equipo cadete feminino perdeu 8-0 contra o F.S.F. Castro e no partido adiado polo temporal impúxose ao Monterroso S.D. por 8-3. Marcaron Laura Varela (4), Lucía (2), Mª José e Daniela para as vilalbesas.
O equipo cadete masculino “A” perdeu 6-2 ante Os Meigallos F.S. Marcaron Míkel e Davido gol vilalbés.
O equipo infantil masculino “A” gañou 3-1 ao ADC Lugo Sala “B”. Marcaron Mario, Mauro e Alejandro.


























