RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Cinco victorias, catro derrotas e dous partidos adiados foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino de 2ª División adiou o partido ante o F.C. Meigas por mor das goteiras no Pavillón Municipal de Bertamiráns. As de Kini pudieron realizar o quentamento pero cando ía comenzar o encontro o risco de lesión nas xogadoras polo estado da pista impediu a celebración do encontro. O vindeiro sábado ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Estrela Futsal líder da competición e gran favorito para ascender a Primeira División.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 2-5 ao Concello de Begonte F.S. Os de Muri recuperaron a súa mellor versión e mereceron a victoria no derbi comarcal. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón (2), Héctor, Fari e Isma. O vindeiro sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba recibirán ao C.D. Tierno Galván.
Na Preferente Futgal o filial masculino gañou 6-4 ao Castro F.S.F. Os de Miloso venceron xustamente o derbi comarcal. Marcaron Javi Regueiro (2), Nuno, Iván, Tito e Johan para os vilalbeses.
Na Primeira Futgal o filial feminino “B” adiouse polas goteiras a falta de 21:20 minutos para o remate coa victoria momentánea das vilalbesas por 1-3 ante o filial do Burela F.S. Marcaron Cospe (2) e Jenni. O filial feminino “C” perdeu 4-3 na pista da S.D. San Lázaro. Marcaron Laura, Sofía e Mª José.
O equipo xuvenil masculino venceu 6-2 ao ADC Fonte do Rei Aceites Abril. Marcaron Samuel (3), Ruíz (2) e Alain. Os de Ledín seguen no primeiro posto.
O equipo cadete feminino perdeu 3-7 contra A Fervenza F.S.F. Narón O Freixo. Marcaron Mª José (2) e Laura para as vilalbesas.
O equipo cadete masculino “A” venceu 3-2 ante o Ribeira F.S. “B”. Marcaron Míkel, Ruíz e Fran os goles vilalbeses. O equipo cadete masculino “B” xogou dous partidos con derrotas por 6-0 e 0-5 ante o Fonte do Rei Aceites Abril “B” e ADC Fonte do Rei Aceites Abril respectivamente.
O equipo infantil masculino “A” gañou 0-5 a Os Meigallos “C”. Marcaron Mario (2), Nicolás, Adrián e Alejandro. O equipo infantil masculino “B” perdeu 0-9 ante o Burela F.S.


























