RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias un empate e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino de 2ª División perdeu 0-4 ante o Estrela Futsal. As de Kini que comenzaron mal o encontro non pudieron puntuar ante o líder da competición. O vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal “Manuel Busto” de Villaviciosa visitarán ao Rodiles F.S. situado na segunda posición.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 7-1 ao C.D. Tierno Galván. Os de Muri despois dunha gran primeira parte empataron o golaveraxe contra un rival directo. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Héctor (2), Fari (2), Antón (2) y Dieguito. O vindeiro sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Coruxo visitarán a outro rival directo.
Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 2-2 ante o Alto do Vento F.S. Os de Miloso mereceron a victoria pero non pasaron do empate. Marcaron Johan e Pablo para os vilalbeses.
Na Primeira Futgal o filial feminino “B” na continuación do partido adiado polas goteiras a falta de 21:20 minutos para o remate coa victoria momentánea das vilalbesas por 1-3 ante o filial do Burela F.S. rematou co resultado de 2-7. Marcaron Cospe (5), María e Jenni.
O equipo xuvenil feminino perdeu 6-0 ante o F.S.F. Castro.
O equipo cadete masculino “A” venceu 3-1 ao ADC Lugo Sala “B”. Marcaron Miragaya (2) e Míkel para os vilalbeses.
O equipo infantil masculino “B” perdeu 1-2 co ADC Lugo Sala “C”. Marcou Dani para os vilalbeses.


























