RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Sete victorias e cinco derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino perdeu 4-2 ante El Gaitero Rodiles F.S. O equipo de Kini segue coa racha negativa de derrotas aínda que competiu ben ante as segundas clasificadas. Marcaron Albita e Fanny. O seguinte partido será ante o equipo valenciano do C.D. Nou Turia F.S.F. o vindeiro sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 3-4 ao I.E.S. Coruxo F.S. Os de Muri remontaron nos minutos finais para acabar gañando nunha pista difícil. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Hugo (2), Isma e Héctor. No vindeiro partido recibirán a O Esteo F.S. no derbi de proximidade o sábado ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 6-4 ao Casás. Os de Miloso venceron con comodidade e sitúanse na zona media da clasificación. Marcaron para os vilalbeses Nuno, Miguelito, Martín, Pablo e dous en propia porta.

Na Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” perdeu ante o Praias de Barreiros C.D. por 4-0 e o equipo filial “C” venceu ao equipo A Lenda Castroverde por 12-2 con goles de Laura Varela (6), Sofía (2), Sara (2), Lucía Cendán e Lucía Vilasuso.

O equipo xuvenil masculino venceu ao Cabum F.S. por 2-4. Marcaron Míkel, Rego, Ismael e Souto. Os de Ledín continúan primeiros na clasificación.

O equipo cadete feminino venceu por 2-4 ao Burela F.S. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela (3) e Lucía Vilasuso.

O equipo cadete masculino “A” venceu 3-16 a Os Meigallos F.S. “B”. Marcaron Ruíz (3), Trastoy (3), Souto (2), Miragaya (2), Míkel (2), Fran (2), Brais e Anxo. O equipo “B” disputou dous encontros que acabaron con derrotas, 0-7 ante o Casás “B” e 12-1 diante do Burela F.S. O gol da honra marcouno Alejandro García.

Os equipos infantís masculinos tiveron diferentes resultados. O equipo “A” perdeu ante o Ribeira F.S. “D” por 0-2 e o equipo “B” gañou 0-2 ante o ADC Piringalla “B”. Marcaron Lois e Dani.