RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias, un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino de 2ª División venceu ao Caja Rural River Zamora por 7-1. As de Kini golearon no tramo final do encontro ao pechacancelas. Marcaron Alvite (3), Pasto, Lara, Fanny e Elvi. O vindeiro sábado ás 12:00 horas na Cidade Deportiva Gran Canaria Martín Freire visitarán ao C.F.S. Gran Canaria Teldeportivo.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu 5-6 ante o Deportivo Laviana F.S. Os de Muri perderon unha gran ocasión de escalar postos na clasificación ante un rival con moitas baixas e sitúanse en postos perigosos. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Fari (3), Hugo e Álex Durán.
Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 11-3 ao Lemos F.S. Os de Miloso golearon a un equipo con numerosas baixas. Marcaron Johan (3), Martín (3), Amado (2), Nuno, Tito e Hugo para os vilalbeses.
O equipo xuvenil masculino goleou 10-0 a Os Meigallos F.S. “B”. Marcaron Alain (4), Míkel (3), David, Rego e Ruíz. Os de Ledín seguen nos primeiros postos.
O equipo cadete masculino “A” perdeu 3-4 ante Os Meigallos F.S. Marcaron Trastoy, Piella e Ruíz. O equipo cadete masculino “B” empatou 1-1 ante Os Meigallos F.S. “B”. Marcou Miragaya para os vilalbeses.


























