RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Dúas victorias e oito derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino perdeu 3-0 ante o C.F.S. Gran Canaria Teldeportivo. O equipo de Kini, na primeira visita a terras canarias, mereceu moito máis nun partido condicionado pola expulsión de Albita no primeiro tempo. O seguinte partido será ante o Valdetires Ferrol F.S.F. o vindeiro sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu o partido adiado contra o Fonsagrada F.S. por 4-1, o gol da honra marcouno Javi Regueiro, e contra o I.M. Galical Rábade F.S. por 4-0.
Na Copa Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” venceu ao equipo filial “C” por 5-1 con goles de Cospe (3), Jenni e Celtia. Lucía Cendán marcou o da honra para o filial “C”.
O equipo cadete feminino perdeu 0-2 ante A Fervenza Narón O Freixo.
O equipo cadete masculino “A” perdeu 9-3 ante o Ribeira F.S. “B”. Marcaron Samuel, Anxo e Fran. O equipo “B” tamén perdeu ante o ADC Fonte Do Rei 0-7.
Os equipos infantís masculinos tiveron diferentes resultados. O equipo “A” venceu 1-5 ao Ribeira F.S. “E”. Marcaron Mario, Mateo, Manu, Lucas e Diego. O equipo “B” perdeu 0-1 ante o Concello de Begonte F.S.


























