RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias, un empate e sete derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino perdeu 1-5 ante o Valdetires Ferrol F.S.F. O equipo de Kini lastrado polas baixas na portería e con pouco acerto de cara a gol mereceu un mellor resultado. Aroa marcou o gol da honra das vilalbesas.

O equipo masculino venceu na difícil pista do Caja Rural Atlético Benavente F.S. por 2-3. Os de Muri deron a mellor versión e sumaron tres puntos moi importantes. Marcaron Longo, Antón e Alex Durán.

Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu contra Os Meigallos F.S. por 2-3. Marcaron Martín e Tito para os vilalbeses.

Na Copa Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B”goleou ao equipo de A Lenda Castroverde por 0-15. Marcaron María (6), Jenni (4), Noelia (2), Leire (2) e Cospe. O equipo filial “C” empatou 2-2 contra Os Meigallos F.S. con goles de Sara e Daniela.

O equipo xuvenil iniciou a segunda fase cara ao ascenso cunha victoria por 2-4 ante o Concello de Begonte F.S. Gran victoria do equipo de Ledín con goles de Alain (2), Javi Regueiro e Ruíz.

O equipo cadete feminino perdeu 0-5 ante o Castro F.S.F.

O equipo cadete masculino “A” perdeu 2-4 ante o Casás “B”. Marcaron Miragaya e Souto. O equipo “B” tamén perdeu ante o ADC Fonte Do Rei “B” por 8-1. O gol da honra marcouno Ayman.

O equipo infantil “A” perdeu 2-1 co A Serra Castroverde. Marcou Martín para os vilalbeses. O equipo infantil “B” perdeu 0-3 ante o Ribeira F.S. “D”.