RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino venceu 1-2 ao C.D. Colegio San José. O equipo de Kini lastrado venceu pola mínima na matinal do domingo despois de realizar un largo desprazamento a Cáceres. Marcaron Paulita e Pasto para as vilalbesas.
O equipo masculino perdeu 4-7 ante o filial do Noia F.S. Os de Muri perderon contra un rival en postos de play off de ascenso que foi mellor e complican a permanencia. Marcou Kevin Chis (2) e outros dous en propia porta.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu contra o Jogafán Ordes F.S. por 3-1. Marcou Miguelito para os vilalbeses.
Na Copa Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” gañou 3-1 a Os Meigallos F.S. Marcaron Cospe (2) e María. O equipo filial “C” tamén gañou ao equipo de A Lenda Castroverde por 4-1 con goles de Sara (2) e Sandra (2).
O equipo xuvenil venceu por 9-1 ao ADC Fonte do Rei. Boa victoria do equipo de Ledín con goles de Ismael (2), Javi Regueiro (2), Alain, Rego, Martín, Miragaya e Míkel.
O equipo infantil “A” perdeu 1-3 co ADC Fonte do Rei. Marcou Nicolás para os vilalbeses. O equipo infantil “B” perdeu 5-0 ante o Ribeira F.S. “C”.


























