RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias, un empate e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino empatou 2-2 ante o C.D. Segosala. O equipo de Kini volveu á mellor versión e logrou un traballado empate ante un equipo de play off. Marcaron Lara e outro en propia porta para as vilalbesas.

O equipo masculino perdeu 4-6 ante o F.S. Salamanca. Segunda derrota consecutiva dos de Muri na casa contra outro rival de play off e caen a posicións de descenso. Marcaron Durán (2), Kevin Chis e Isma. O vindeiro sábado ás 18 horas no Pavillón Municipal do Novo Mesoiro terán unha final ante o 5 Coruña F.S.

Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 5-3 ao filial do Ribeira F.S. O equipo de Miloso da un paso casi definitivo para a permanencia. Marcaron Javi, Beceiro, Amado, Nuno e Martín para os vilalbeses.

Na Copa Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” gañou 0-10 ao equipo filial “C”. Marcaron Jenni (4), Noelia (2), María (2) e Sandra (2).

O equipo xuvenil venceu por 4-6 ao ADC Piringalla. O equipo de Ledín segue no primeiro posto. Marcaron Souto (2), Javi Regueiro, Alain, Rego e Ismael.

O equipo cadete feminino perdeu ante A Fervenza Narón O Freixo por 10-0. O equipo de Aitor acusou as baixas na portería.

O equipo cadete “A” perdeu 9-1 na pista do Concello de Begonte F.S. Marcou Anxo para os vilalbeses.