RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. nesta fin de semana.

O equipo masculino de 2ª División B perdeu nun igualado e vibrante encontro ante o campión da pasada tempada que demostrou ser un candidato a renovar o título. O equipo de Quini con numerosas baixas pero cunha gran entrega de todos os xogadores, arroupados por máis de catrocentos siareiros que disfrutaron dun gran espectáculo, mereceu mellor sorte e non lle puido adicar a victoria a Dieguito que se recupera favorablemente dunha intervención. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón, Simón, Fari e outro en propia meta. Os vilalbeses continúan terceiros clasificados e o vindeiro domingo ás 12:00 horas xogarán no Pavillón de “A Malata” ante o Cafés As Candelas O O Parrulo F.S: “B” que ocupa a cuarta posición na clasificación.

O equipo feminino de Preferente Autonómica tamén realizou un gran partido e venceu con claridade ao GRI Carballiño F.S. por 5-0. Marcaron Antía (2), Paulita, Marta e Nerea. O equipo de Quini salta á terceira posición a cinco puntos dos dous primeiros clasificados.

O equipo masculino de Preferente Galicia colleitou a cuarta victoria consecutiva e xa é cuarto na clasificación. O equipo de Ismael realizou o mellor partido da tempada e goleou ao segundo clasificado o Troula Betanzos F.S. por 10-2. Rus (2), Josito (2), Ledo, Pelouro, Miguelito, Hugo, Kevin e Copa foron os autores dos goles.

O equipo xuvenil masculino realizou un bo partido pero non pasou do empate a dous goles fronte ao Sport Sala Hércules. Os autores dos goles vilalbeses foron Amado e David. O equipo de Miloso continúa penúltimo clasificado nesta primeira fase.

O filial feminino tivo parón na competición polo que o equipo de Ledín continúa ao frente da clasificación.