RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias, un empate e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino perdeu 3-5 ante o Ence Marín Futsal. O equipo de Kini realizou un bo partido pero non foi suficiente para gañarlle a un equipo que está loitando polo play off de ascenso. Marcaron Fanny (2) e Elvi para as vilalbesas.

O equipo masculino perdeu 5-4 ante o 5 Coruña F.S. Derrota dos de Muri contra un rival directo e xogaranse non descender na derradeira xornada. Marcaron Longo, Dieguito, Antón e Durán (2). O vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Deporcyl Guardo F.S.

Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 4-4 ante o filial do 5 Coruña F.S. Con este resultado o equipo de Miloso acada matemáticamente a permanencia. Marcaron Miguelito, Amado, Nuno e Hugo para os vilalbeses.

Na Copa Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” gañou 11-0 ao Castroverde F.S. Marcaron Jenni (3), María (3), Laura (2), Sandra (2) e Noelia. O equipo filial “C” perdeu 1-2 ante Os Meigallos F.S. O gol das vilalbesas marcouno Lucía Cendán.

O equipo xuvenil venceu por 5-2 á S.D. Xove F.S. O equipo de Ledín vence a un rival directo e segue no primeiro posto. Marcaron Samuel, Javi, Ismael, Martín e Míkel.

O equipo cadete “A” venceu 2-3 na pista do Castroverde F.S. Marcaron Aioub, Galego e García para os vilalbeses.

O equipo infantil “A” venceu con dous goles de Manu ao equipo infantil “B”.