RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira xornada de competición.

O equipo feminino comezou a tempada cunha gran victoria por 2-3 ao C.F.S. Gran Canaria Teldeportivo. O equipo de Kini nun bo e igualado partido venceu nunha pista complicada ante un gran rival. Marcaron para as vilalbesas Myrielen (2) e Sasha. O seguinte partido será ante o C.D. Lacturale Orvina de Pamplona o vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O equipo masculino que recibía ao actual campión da competición perdeu por 2-7 ante o Exlabesa Leis Pontevedra F.S. O equipo de Miloso competiu moi ben durante trinta minutos pero a rigurosa expulsión de Antón na primeira parte cun resultado favorable de 2-1, a lesión de Róber e os erros propios condenaron ao equipo vilalbés a unha derrota demasiado abultada. Os goles dos vilalbeses foron obra de Antón e Fari. O vindeiro encontro será o sábado no Polideportivo Mieres Sur ás 18:00 horas ante o Racing de Mieres.