RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira xornada de competición.

O equipo feminino logrou unha boa victoria por 7-4 ante o C.D. Lacturale Orvina navarro. O equipo de Kini foi superior ao seu rival pero o exceso de relaxación nos últimos minutos de cada período apretaron o marcador final. Os goles das vilalbesas foron obra de Marta Hermo (2), Claudia Lobo (2), Myrielen, Sasha e Paula Rodríguez. O seguinte partido será ante o Txantrea K.K.E., que tamén leva dúas victorias, o vindeiro sábado ás 18:30 horas no Polideportivo Arrosadia de Pamplona.

O equipo masculino que visitaba ao Racing de Mieres F.S. perdeu por 8-5. O equipo de Miloso cometeu de novo moitos erros e pese a chegar aos derradeiros minutos con opcións de puntuar veuse de baleiro de terras asturianas. Os goles dos vilalbeses foron obra de Chis (2), Bruno, Fari e outro en propia porta. O vindeiro encontro será o sábado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ás 18:30 horas ante o 5 Coruña F.S.