RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira xornada de competición.

O equipo feminino logrou unha sufrida victoria por 3-2 ante o A.D. Mioño F.S. O equipo de Kini que se adiantou con tres goles tivo que empregarse a fondo para acadar os tres puntos ante un complicado equipo cántabro. Os goles das vilalbesas foron obra de Claudia Lobo (2) e Laura Barranco. O seguinte partido será ante o C.D. Teidaya “A”, o vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pabellón “Los Hinojeros” de Granadilla (Tenerife).

O equipo masculino que visitaba ao C.D. Albense F.S. perdeu por 5-4. O equipo de Miloso despois dunha primeira metade igualada con resultado ao descanso de empate a un gol, pagou de novo os erros propios e arbitrais (un penalti inexistente e o quinto gol ilegal) na segunda metade, e pese a ter un 5-1 en contra a aposta do porteiro xogador fixo ter opcións de puntuar ata o derradeiro segundo. Os goles dos vilalbeses foron obra de Antón (2) e Durán (2). O vindeiro encontro será o sábado no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ás 18:30 horas ante o ADC Lugo Sala.

O filial feminino logrou unha importante victoria na pista do Burela F.S. “B” por 2-4. Marcaron Laura Varela (2) e Sara Gentil (2). As de Tito comezan a liga gañando a domicilio.

Os equipos xuvenís masculinos debutaron na competición enfrontándose entre eles. Venceu o equipo “A” ao equipo “B” por 10-1. Marcaron Samuel Iglesias, Samuel Souto (2), Miragaya (2), Míkel, Fran, Alejandro (2) e David. Polo equipo “B” marcou Joel Pena.

O equipo cadete feminino comezou a competición cunha derrota por 0-8 ante o Ribeira F.S.

O equipo cadete masculino perdeu por 4-1 ante o ADC Fonte do Rei. Marcou Miguel A. Miragaya para os vilalbeses.