RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Dúas victorias un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na derradeira xornada do ano.
O equipo masculino de 2ª División B na visita ao filial do Parrulo Ferrol F.S. empatou a un gol nun igualado encontro. O equipo de Quini arroupado por un cento de siareiros dispuxo de máis ocasións que o seu rival pero non estivo atinado de cara a portería. Adiantouse o equipo local nos primeiros compases do partido e o empate para os vilalbeses chegou a falta de tres minutos nun gol de Keita de dobre penalti. O equipo de Quini remata un ano histórico, ascenso á categoría de bronce do fútbol sala incluído, na terceira posición da táboa clasificatoria sendo ata o momento o equipo revelación da categoría. A vindeira xornada, última da primeira volta, será o sábado 7 de xaneiro no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ante o Unión Arroyo F.S. en horario por confirmar.
O equipo feminino de Preferente Autonómica nunha mala primeira parte perdeu ante o Ribeira F.S. Lieders por 5-1. O único gol das vilalbesas marcouno Nerea. O equipo de Quini remata un gran ano, actual subcampión de Liga, na cuarta posición.
O equipo masculino de Preferente Galicia colleitou a quinta victoria consecutiva e remata un ano histórico (ascenso incluído) na terceira posición. O equipo de Ismael realizou o outro gran partido sobre todo na primeira parte e venceu ao Rodil Studio Lago Dvsport por 2-5. Os autores dos goles vilalbeses foron Pelouro (2), Miguelito, Nuno e Rus.
O equipo xuvenil masculino realizou un bo partido pero non puntuou na visita ao Pescados Rubén Burela F.S. na que perdeu 4-2. Os dous goles vilalbeses marcounos Javi Regueiro. O equipo de Miloso remata o ano penúltimo clasificado da primeira fase.
O filial feminino venceu 2-1 ao filial do Ribeira F.S. con dous goles de Antía e Marta. O equipo de Ledín remata un gran ano como primeiro clasificado da primeira fase.