RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 9-10-11/05/2025

Dúas victorias un empate e dúas derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División perdeu 4-1 ante o Bembrive F.S. Marcou Pasto para as vilalbesas que non pudieron puntuar nunha pista complicada e ademáis sufriron a lesión de Aroa. Malia a derrota as de Kini e Miloso continúan na terceira posición que da opción a xogar o play off de ascenso. Para certificar a presenza mesa fase de ascenso necesitan puntuar na penúltima xornada que se celebrará o sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba contra o El Gaitero Rodiles F.S. que lidera a clasificación.

O equipo masculino de 2ª División “B” venceu 7-4 ao Caja Rural Atlético Benavente. Marcaron para os vilalbesas Adri (3), Kevin Chis (2), Dieguito e Ismael. Os de Kini, arroupados por máis de seiscentas persoas, comenzaron ben a primeira eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División e tentarán de manter a vantaxe conseguida no partido de volta que se celebrará o vindeiro domingo ás 13:30 horas en Benavente.

O filial feminino “C” perdeu 5-0 ante o F.S.F. Castro Semillas Sidipal “B” no partido correspondente á liguilla de Copa Federación.

O xuvenil masculino venceu 1-2 ao Burela F.S. “B”. Marcaron Ismael e David para os vilalbeses. Con esta victoria os de Ledín acadan o título ligueiro e loitarán no play off polo ascenso a Preferente.

O cadete feminino empatou 2-2 ante o Icoeume Lago Sport nos cuartos de final da Copa e na tanda de penaltis cunha Celtia inspirada pasou ás semifinais da competición. Marcaron Sofía e Laura Varela para as vilalbesas. As de Nuno continúan facendo unha gran tempada no seu primeiro ano de competición.