RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

Derrota cruel do equipo masculino de 2ª División B 3-2 ante o C.D. Universidad de Valladolid no Pavillón Municipal “Lalo García”. Aínda que non foi un bo partido dos vilalbeses non mereceron perder, tiveron varias opcións para gañar nos últimos minutos pero encaixaron o gol da derrota no derradeiro segundo cun gol en propia meta. Marcaron Simón e Fede. Os de Quini continúan sextos na clasificación e o vindeiro sábado ás 18:30 no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S.

O equipo masculino de Preferente Galicia continúa imparable e goleou 11-4 ao S.D.C. y R. Narón O Freixo. Marcaron, Nuno (2), Johan (2), Iker, Rus, Pelouro, Christian, Miguelito, Ledo e Xoel. Os de Ismael seguen en postos de ascenso directo a Terceira División.