RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍA 27 ABRIL
Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B venceu 4-3 ao Leis Pontevedra F.S. Os de Quini, loitarán nas dúas xornadas que restan por mellorar o sétimo posto acadado a tempada pasada. Marcaron Kevin Chis (3) e Fari para os vilalbeses. O vindeiro sábado ás 20:00 horas, na penúltima xornada, visitarán ao Deporcyl Guardo F.S.
Na Preferente Galicia Feminina as de Quini golearon ao Rúa – Valdeorras F.S. por 1-13 e coa derrota do Fisober F.S. na casa ante o Cidade de Pontevedra F.S. por 1-2 sitúanse no alto da clasificación empatadas a puntos a falta de tres xornadas para rematar a competición. Marcaron Antía (4), Elvi (3), Fanni (3), Noe Pires (2) e Nerea.
O filial masculino perdeu 9-2 na complicada pista do Ribeira F.S. Marcaron Pelouro e Miguelito. Os de Ismael con baixas non tiveron opcións.
No partido de volta dos cuartos de final da Copa de Primeira Galicia Feminina o equipo de Ledín goleou ao Meigallos F.S. por 11-1 e pasa ás semifinais contra o filial do Ribeira F.S. Lieders. Marcaron Jenni (3), Andrea (3), Miri (3) e Xela (2).
O equipo xuvenil masculino colleitou unha derrota por 3-9 ante o Campito Chapela F.S. Marcaron para os vilalbeses Javi, Gimeno e outro en propia porta. Os de Nuno empezaron ben o encontro pero na segunda parte foron superados polo equipo vigués e complícanse a permanencia.
Na Liga Galega xuvenil feminina, as de Miloso empataron 4-4 ante o Viaxes Amarelle F.S. Marcaron para as vilalbesas María Otero (2), Laura Varela e Sara Gentil.