RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 13-14 ABRIL

Unha victoria e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B perdeu 2-4 ante o Inversia Seguros A Estrada Futsal nun partido no que mereceu moito máis na segunda metade despois dun mal primeiro acto. Marcaron para os vilalbeses Dieguito e Kevin Chis. O vindeiro sábado ás 19:00 horas visitarán ao segundo clasificado o Stellae F.S.-Valga.

O filial masculino, malia facer un gran partido, perdeu 6-5 na pista do S.D. Pazos de Borbén. Os de Ismael non pudieron puntuar nunha pista complicada. Marcaron Iker (3), Rus e Kevin.

No partido de ida dos cuartos de final da Copa de Primeira Galicia Feminina o equipo de Ledín venceu a domicilio ao Meigallos F.S. por 2-5 e encarrila a eliminatoria. Marcaron Andrea (3), Carla e Antía.

O equipo xuvenil masculino colleitou unha derrota dolorosa 1-10 ante o Alto do Vento F.S. Marcou David Rey para os vilalbeses

Na Copa Federación cadete, as de Miloso perderon 6-0 ante o S.D.C y R. Narón O Freixo.