RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 16-17 MARZO
Dúas victorias un empate e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B gañou 6-3 ao Piensos Durán Albense F.S. Partidazo dos de Quini ante o cuarto clasificado apretando a clasificación na loita polos postos de promoción de ascenso. Marcaron para os vilalbeses Kevin Chis (2), Fari (2), Dieguito e Quintela. A vindeira xornada, despois dun parón de 15 días, visitarán a O Esteo F.S. no derbi de proximidade.
Na Preferente Galicia o equipo feminino, nun bo partido, venceu 2-6 ao Concello de Begonte F.S. As de Quini deixaron sentenciado o encontro ao descanso con cinco goles e non pasaron apuros na segunda metade. Marcaron Antía (3), Fanny, Carla e Noe Pires. O partido disputouse no Pavillón Municipal “Jonathan Carro Paz” de Guitiriz por mor da condensación que había na instalación de Baamonde.
O filial masculino perdeu 7-2 ante o Baíña F.S. Os de Ismael caeron ante un rival directo por evitar o descenso. Marcaron para os vilalbeses Nuno e Javi.
O equipo xuvenil masculino empatou 6-6 ante o Pescados Rubén Burela F.S. Os de Nuno competiron moi ben e sumaron un punto ante un dos mellores equipos da categoría. Marcaron para os vilalbeses David Rey (2) e Javi.
Na Copa de Primeira Galicia Feminina o equipo de Ledín, que mereceu mellor resultado, caeu 1-6 ante o Burela F.S. (Pescados Rubén) “B”. O gol das vilalbesas marcouno Carla.
Na Copa Federación cadete, as de Miloso perderon 3-6 ante o S.D.C. y R. Narón O Freixo. Os tres goles de Laura Varela non chegaron para puntuar.