RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 2-3 MARZO
Catro victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B gañou 4-2 ao Racing de Mieres F.S. Os de Quini nunha mala primeira parte foron ao descanso cun preocupante 0-1. Na segunda metade melloraron o xogo e acabaron vencendo a un rival que mereceu algo máis no primeiro tempo. Marcaron para os vilalbeses Antón, Quintela, Kevin Chis e Fari. O vindeiro sábado visitarán ao C.D. Unión Arroyo ás 18:00 horas no Pavillón Municipal “Antonio Garnacho” de Arroyo de la Encomienda (Valladolid).
Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu 1-5 na difícil pista do F.S. Cidade de Pontevedra. Marcaron Ainara (2), Antía (2) e Noe Pires. Con esta victoria as de Quini continúan no segundo posto da clasificación e na vindeira xornada recibirán ao líder da competición, o Fisober F.S. que únicamente perderon o partido da primeira volta coas vilalbesas.
O filial masculino venceu 4-5 ao Sport Sala F.S. Os de Ismael venceron nunha pista moi complicada ante un dos mellores equipos da categoría e loitarán ata o final para salvar a categoría. Marcaron Rus (2), Iker, Pelouro e Amado.
O filial feminino venceu 5-1 ao Taboada Femenino F.S. As de Ledín pecharon unha gran tempada con outra victoria. Marcaron para as vilalbesas Andrea Rivas (3) e Marta (2). Remataron a competición na segunda posición tras perder o golaveraxe particular co filial do Burela Pescados Rubén F.S.
O equipo xuvenil masculino perdeu 6-2 ante o Hércules F.S. Os de Nuno non volveron ter sorte coa arbitraxe e acadaron unha nova derrota. Marcaron para os vilalbeses Isma Ruíz e Brais.