RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 20-21 ABRIL
Unha victoria e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B perdeu 3-1 na pista do Stellae F.S. Valga. Os de Quini, malia as baixas, deron a cara ante o segundo clasificado e tiveron opcións de puntuar. Marcou Dieguito para os vilalbeses. O vindeiro sábado ás 18:00 horas, na antepenúltima xornada, recibirán ao Leis Pontevedra.
No Preferente Galicia Feminina as de Quini golearon ao C.D. Mosteiro Bembrive F.S. “B” por 7-1 e segue a un partido do líder. Marcaron Elvi (2), Noe Pires (2), Paulita, Pasto e Antía.
O filial masculino perdeu 4-6 ante o Outeiro de Rei S.D. Os de Ismael competiron contra un bo rival pero faltoulles acerto nos metros finais. Marcaron Amado (2), Rus e Miguelito.
O equipo xuvenil masculino colleitou unha derrota por 8-2 na pista do Grelo Troula Betanzos F.S. Marcaron Anxo e Alexandre para os vilalbeses. Os de Nuno terán que reaccionar nas últimas catro xornadas si queren salvar a categoría.
Na Copa Galega cadete, as de Miloso perderon 4-1 ante o Viaxes Amarelle F.S. no partido de ida dos cuartos de final. O gol das vilalbesas marcouno Laura Varela.