RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 24 MARZO

Dúas victorias foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana na que soamente competiron os dous equipos senior femininos.

O equipo de Preferente Galicia, venceu con comodidade 7-0 ao C.D. Composala. As de Quini foron dominadoras do encontro de principio a fin. Marcaron Elvi (2), Pasto (2), Noe Pires (2) e Antía. A vindeira xornada, despois do parón de Semana Santa, viaxarán á pista do 5 Coruña que está por detrás da clasificación a dous puntos das vilalbesas.

Na Copa de Primeira Galicia Feminina o equipo de Ledín repúxose da derrota da semana pasada e venceu con comodidade na pista do C.D. Praias de Barreiros 0-4. Marcaron Andrea Rivas (2), Miri e María.