RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 4-5 MAIO
Unha victoria e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B perdeu 8-6 na pista do Deporcyl Guardo F.S. nun partido marcado polas cinco expulsións que recibiu o equipo vilalbés. Os de Quini, loitarán na derradeira xornada loitarán por igualar o sétimo posto acadado a tempada pasada. Marcaron Kevin Chis (2), Fari (2) e Simón (2) para os vilalbeses. O vindeiro sábado ás 20:00 horas rematarán a liga ante o Caja Rural Atlético Benavente F.S.
Na Preferente Galicia Feminina as de Quini golearon ao Rúa – Valdeorras F.S. por 14-0 e continúan na loita polo ascenso a 2ª División. Marcaron Pasto (3), Noe Pires (3), Paulita (3), Antía (2), Elvi, Fanni e Carla.
O filial masculino perdeu 1-2 ante O Korreo Guitiriz F.S. Marcou Nuno para os vilalbeses. Os de Ismael xa descendidos mereceron un mellor resultado.
O equipo xuvenil masculino colleitou unha nova derrota por 6-2 ante o C.D. Beade / Galektra. Marcaron para os vilalbeses Javi e David. Os de Nuno complícanse a permanencia.