RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 6-7 ABRIL

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B gañou 6-8 a O Esteo F.S. Partido que tivo emoción, penaltis, goles e gran ambiente nas gradas. Os de Quini impuxeron a súa calidade e acadaron a victoria, unha vez máis, no derbi de proximidade que os sitúa na pelexa pola cuarta plaza a falta de cinco xornadas para rematar a competición. Marcaron para os vilalbeses Kevin Chis (3), Ismael (2), Fari, Antón e Quintela. Tamén serviu para a adicarlle a victoria á familia Fariñas. O vindeiro sábado ás 19:00 horas recibirán ao Inversia Seguros – A Estrada Futsal no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Na Preferente Galicia o equipo feminino, nun enorme partido, venceu 1-6 ao 5 Coruña F.S. As de Quini dominaron de principio a fin e eliminan a un rival directo polo ascenso. Marcaron Antía (3), Noe Pires (2) e Pasto. Con esta importante victoria as vilalbesas meten presión ao Fisober F.S. que aventaxa en tres puntos ao equipo chairego a falta de cinco xornadas para rematar a competición.

O filial masculino perdeu 1-3 ante o C.D. Praias de Barreiros. Os de Ismael mereceron mellor resultado. Marcou Rus para os vilalbeses.

Na Copa de Primeira Galicia Feminina o equipo de Ledín goleou a domicilio á U.D. Pastoricense por 0-5 e rematan segundas a fase de grupos. Marcaron Jenni (2), Carla, Leire e Andrea.

Na Copa Federación cadete, as de Miloso perderon 1-3 ante o Ribeira F.S. Lieders. O gol das vilalbesas marcouno Sofía.