RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 9-10 MARZO

Dúas victorias un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B gañou 1-3 ao C.D. Unión Arroyo. Os de Quini controlaron ben o partido e foron merecedores da victoria que os acerca un pouco máis aos postos de privilexio. Marcaron para os vilalbeses Ismael, Kevin Chis e Antón. O vindeiro sábado recibirán ao cuarto clasificado o Piensos Durán Albense F.S. ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Na Preferente Galicia o equipo feminino, nun espectacular partido, venceu 5-4 ao Fisober F.S. As de Quini nun partidazo, (con remonta incluída xa que perdían no descanso 2-4), venceron de novo ás primeiras clasificadas e achéganse a tres puntos tendo o golaveraxe gañado. Marcaron Noe Pires (2), Elvi (2) e Pasto. Ambientazo nas gradas e boa sintonía entre as aficións dos dous equipos.

O filial masculino perdeu 1-3 ante o 5 Coruña F.S. Os de Ismael non pudieron facer boa a gran victoria da semana pasada en Culleredo. O gol dos vilalbeses marcouno Hugo.

O equipo xuvenil masculino perdeu 7-3 ante Os Meigallos F.S. Os de Nuno colleitaron unha derrota ante un rival directo. Marcaron para os vilalbeses David Rey (2) e Javi.

Na Copa Federación cadete, o equipo feminino comezou a fase de grupos cun empate 3-3 na pista do Ribeira F.S. Lieders. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela, Sara e Laura Prado.