RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DÍAS 9-11 MAIO

Dúas victorias e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B perdeu 4-5 ante o Caja Rural Atlético Benavente F.S. Os de Quini, malia a estar lastrados polas numerosas baixas realizaron un gran partido e mereceron puntuar. Marcaron Ismael (3) e Johan para os vilalbeses. O equipo, nunha gran tempada, remata oitavo clasificado na segunda participación na categoría de bronce do futsal.

Na Preferente Galicia Feminina as de Quini golearon a domicilio A Fervenza F.S.F. por 2-7 e continúan líderes a falta dunha xornada. Marcaron Noe Pires (3), Antía (2), Paulita e Fanny. A vindeira fin de semana no derradeiro partido terán a posibilidade de facer historia no caso de vencer ao Ribeira F.S. Lieders xa que acadarían o ascenso a 2ª División.

O filial masculino despediuse da Terceira División cunha derrota por 4-2 ante o Cidade de Narón. Marcou Rus en dúas ocasións para os vilalbeses. Os de Ismael realizaron unha gran tempada pero a falta de experiencia foi clave para non acadar a permanencia.

No partido de ida das semifinais de Copa de Primeira Galicia Feminina o equipo de Ledín goleou ao Ribeira F.S. “B” Lieders por 6-2 e acadou unha boa vantaxe para o partido de volta. Marcaron María (2), Jenni, Carla, Andrea e Miri.

O equipo xuvenil masculino colleitou unha nova derrota por 1-5 ante o Sala Ourense 2014. Marcou para os vilalbeses Anxo. Os de Nuno, nunha tempada irregular, certificaron o descenso e tentarán de despedirse da competición cunha victoria ante o C.P. Casás na derradeira xornada.