SEMIFINAIS DA III COPA DEPUTACIÓN
O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. xogará este venres ante o Ribeira F.S.-Lieders a segunda semifinal da III Copa Deputación de Lugo. O partido xogarase no Polideportivo “Somos Fútbol” ás 21:45 horas.
O equipo vilalbés chegou ás semifinais despois de derrotar á A.D.C. Lugo Sala por 3-0 e terá diante un rival coñecido xa que milita na mesma categoría. O equipo gañador terá como rival na final, (que se disputará no Pavillón José Mario González “O Chanto” de Sarria o día 1 de novembro ás 18:15 horas), ao Concello de Begonte F.S. que se desfixo na outra semifinal do S.D. Castroverde por un contundente 11-0.
O equipo adestrado por Quini está ilusionado en poder chegar a outra final dunha competición da que é campión e subcampión nas anteriores edicións.