SORTEO “XAMÓN DUROC RESERVA”

Durante a primeira parte do partido da semifinal da XXXII Copa Galicia Masculina entre  os equipos O Parrulo Ferrol F.S. de Segunda División e o Grupo Forma-t Vilalba F.S. de Segunda División “B” poñeranse á venta rifas para o sorteo dun gran “Xamón DUROC Reserva” xentileza dos patrocinadores Jamones y Embutidos San Juan y Bar Tony.

A directiva do Grupo Forma-t Vilalba F.S. agradece aos patrocinadores a súa colaboración co clube.