TERCEIRA E CUARTA XORNADA DA LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA

O equipo xuvenil feminino do Grupo Forma-T Vilalba F.S., disputará a terceira e cuarta xornada da Liga Galega o día 1 de novembro no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.

O equipo vilalbés adestrado por Nuno está encadrado no subgrupo B xunto ao Ribeira F.S. Lieders, Burela F.S. e o Cidade de As Burgas F.S. O partido da terceira xornada será ás 16:00 horas ante o Burela F.S. e o da cuarta xornada será ante o Ribeira F.S. Lieders ás 19:00 horas.

Nas dúas primeiras xornadas os resultados foron os seguintes:

Ribeira F.S. Lieders 2 – Grupo Forma-T Vilalba F.S. 2
Cidade das Burgas F.S. 0 – Burela F.S. 6
Cidade das Burgas F.S. 0 – Grupo Forma-T Vilalba F.S. 6
Burela F.S. 5 – Ribeira F.S. Lieders 0

A clasificación está comandada polo Burela F.S. (6 puntos), seguido do Grupo Forma-T Vilalba F.S. (4 puntos), terceiro o Ribeira F.S. Lieders (1 punto) e cuarto o Cidade das Burgas F.S. (-6 puntos por sanción).