VICTORIA DO GRUPO FORMA-T VILALBA F.S. NO PARTIDO ADIADO

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu 9-5 ao C.D. Unión Arroyo na reanudación do partido adiado no mes de novembro pola condensación no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba. O equipo de Quini estivo casi sempre por diante pero non foi ata os derradeiros minutos cando se despegou no marcador. Marcaron para os vilalbeses Kevin Chis (5), Simón (2), Quintela e Fede. Con este resultado o equipo vilalbés sitúase na quinta posición da clasificación.

Este mércores a partir das 20:00 horas terá lugar a reanudación do partido adiado contra o Stellae F.S. Valga. No momento da suspensión o marcador reflexaba empate a dous goles a falta de 2:19 minutos para a finalización do primeiro tempo.

O sábado rematará a primeira volta do campeonato ante o Caja Rural Atlético Benavente F.S. ás 19:00 horas no Pavillón “La Rosaleda” equipo que na tempada pasada militaba na Segunda División.