
VICTORIAS A DOMICILIO DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Os dous representantes do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que tiñan competición a pasada fin de semana solventaron os encontros con dúas victorias a domicilio moi traballadas.
O equipo masculino de 2ª División B venceu na complicada pista burgalesa do Juventud del Círculo Católico (5-6). O equipo de Quini comezou encaixando o primeiro gol aos cinco minutos pero repúxose ben e volteou o marcador para irse ao descanso vencendo por 1-3 con dous goles de Simón e outro de Antón. Ao inicio da segunda metade Ismael aumentou a conta goleadora, pero a partir do minuto 10 da segunda parte a raíz do segundo gol local o partido cambiou fundamentalmente pola actuación arbitral, unha vez máis, expulsando primeiro a Quintela con dúas tarxetas en 5 segundos e posteriormente nunha acción moi rigurosa a Ismael con vermella directa. O equipo burgalés aproveitou esta situación para equilibrar o encontro pero nos derradeiros minutos con todo en contra Simón rompía a igualada co terceiro gol na súa conta particular e aproveitando unha expulsión dun xogador local Aitor ampliou o marcador. A falta de menos de dous minutos o equipo local dispuxo dun dobre penalti que rexeitou moi ben Tini e co xogo de cinco para catro só conseguiu reducir a diferencia ata o 5-6 final gracias á boa defensa de todo o equipo e as boas intervencións de César. Gran actuación de todo o plantel de Quini que tiveron que loitar contra moitas adversidades. O próximo partido será o vindeiro sábado ás 19:30 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba ante o colíder o Deporcyl Guardo F.S. que mantén catro puntos de vantaxe sobre o equipo vilalbés que continúa terceiro.
O equipo feminino de Primeira Galicia gañou o derbi comarcal por 4-5 ao Concello de Begonte F.S. As goleadoras foron Carla (2), Marta, Antía e Ainara. Bo partido o realizado polas rapazas de Ledín que con este triunfo sacan cinco puntos ao segundo clasificado e seguen sen coñecer a derrota.
No resto de competicións non houbo xornada debido ao parón ligueiro.