RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División venceu 3-7 ao C.D. Ávilasala Ávila Auténtica. Partido na matinal do domingo con moitos erros en ambos bandos que se decantou na segunda parte pola maior calidade das vilalbesas. Os goles foron obra de Marta Hermo (2), Paulita, Aroa, Lara e dous en propia porta. Con esta victoria as de Kini e Miloso volven a situarse no alto da clasificación ao perder o Raio Majadahonda o seu partido. O vindeiro sábado ás 18:00 horas recibirán ao Bembrive F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 5-4 ao ADAMO Xove F.S. Nun partido trepidante que se resolveu nos derradeiros minutos o equipo de Kini voltou á senda da victoria tralo traspés de Segovia. Marcaron para os vilalbeses Quintela (2), Kevin Chis, Adri e Dieguito. Con esta importante victoria continúan na terceira praza da clasificación empatados co segundo e a un só punto do líder. Este venres ás 21:45 horas visitarán noutro derbi provincial ao Ribeira F.S.
Na Preferente Futgal o filial masculino venceu a domicilio ao C.P. Casás por un contundente 1-5. Os de Ismael foron dominadores desde os primeiros minutos de partido e continúan nos postos altos da clasificación. Marcaron para os vilalbeses Pellón (2), Johan, Rus e Iván López.
O xuvenil feminino xogou as xornadas 3 e 4 na concentración de As Pontes e tivo unha de cal e outra de área. Venceu por 1-3 ao Lago DVSport con goles de Leire, Laura Pérez e Laura Varela e perdeu 0-4 ante o Viaxes Amarelle F.S.F.


























