RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Un empate e catro derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División empatou 2-2 na pista do F.C. Meigas. Marcaron para as vilalbesas Aroa e Lara. As de Kini e Miloso sumaron un punto que sabe a pouco e continúan na loita polo play off de ascenso a Primeira División. O vindeiro encontro será ante o C.D. Ávilasala Ávila Auténtica o día 26 de abril ás 17:00 horas no Pavillón Municipal “Jonathan Carro Paz” de Guitiriz ao estar ocupado o Pavillón Municipal de Vilalba por mor do FIV.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu 8-6 ante o Adamo Xove F.S. Marcaron Adri (2), Dieguito (2), Kevin e Antón. Os de Kini encaixan a segunda derrota consecutiva pero continúan na terceira posición. O seguinte partido será o martes 22 ás 21:00 horas ante o Ribeira F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba. O motivo do cambio é por mor do FIV que estará a instalación ocupada unha semana.
O xuvenil masculino caeu goleado 5-1 polo ADC Piringalla. Marcou Javi para os vilalbeses Javi. Malia a derrota os de Ledín continúan segundos na fase de ascenso.
O cadete feminino na Copa perdeu 3-2 ante o Pescados Rubén Burela F.S. Marcaron Sofía e Laura Varela para as vilalbesas.
O cadete masculino perdeu 4-2 co ADC Lugo Sala Occident “B”. Marcaron Míkel e Esteban para os vilalbeses.


























