RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Unha victoria e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino que debutaba na “Copa da Raíña” visitando a El Gaitero Rodiles F.S. caeu 3-2 nun partido igualado no que o equipo de Kini sufriu dúas expulsións moi rigurosas. Marcaron polas vilalbesas Pasto e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba comeza a tempada de 2ª División “B” ante o actual campión, o Bembrive F.S.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu 2-5 ante o ADC Lugo Sala. Os pupilos de Muri realizaron un bo partido, sobre todo na primeira metade, pero os erros nas dúas áreas e a gran actuación do porteiro visitante fixeron que os tres puntos se foran para a cidade das murallas. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Dani e Longo. O vindeiro sábado ás 17:00 horas no Pavillón Monte Carrasco Marcón visitarán ao actual líder e campión da pasada tempada o Exlabesa Leis Pontevedra F.S.
Na Preferente Futgal o filial masculino debutou con goleada 7-1 ao Praias de Barreiros C.D. e desquitouse da eliminación da Copa Deputación. Marcaron Martín (2), Amado (2), Pellón, Nuno e Miguelito. A vindeira xornada o equipo de Miloso visitará a pista da Fonsagrada F.S.


























