RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S
Tres victorias un empate e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino empatou 2-2 ante El Gaitero Rodiles F.S. O equipo de Kini mereceu algo máis nun bo partido ante un gran rival que aínda non cedera puntos no campionato. Marcaron Antía e Pasto. O vindeiro sábado ás 16:00 horas visitarán terras valencianas para enfrontarse por primeira vez ao C.D. Nou Turia F.S.F. “A”.
O equipo masculino de 2ª División B caeu goleado 8-2 na pista vallisoletana do C.D. Tierno Galván. Os de Muri, con moitas baixas no plantel, fixeron o peor partido da tempada e colleitaron unha dura derrota. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Fari e Hugo. O vindeiro sábado ás 19:00 horas terán a oportunidade de resarcirse ante o I.E.S. Coruxo F.S.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 5-3 na visita ao Casás. Os de Miloso non pudieron sacar os tres puntos e quedan cerca da parte baixa da clasificación. Marcaron para os vilalbeses Íker, Iván e Johan.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” do Grupo Forma-t Vilalba F.S. goleou 11-3 ao filial do Burela F.S. Marcaron Cospe (5), Marta (2), Jenni, María, Laura e outro en propia porta. O filial “C” caeu pola mínima 2-1 na visita a Os Meigallos F.S. Marcou Sara Gentil para as vilalbesas.
O equipo xuvenil masculino comezou a tempada goleando a domicilio ao Praias de Barreiros C.D. por 0-6. Marcaron para os vilalbeses Miragaya (2), Javi, Martín, Rego e Alain.
Na primeira xornada da Primeira Futgal Cadete Feminina enfróntáronse o equipo “A” contra o “B” saíndo victorioso o primeiro por 0-7. Marcaron Míkel (3), Fran (2), David e Miguel.


























